Na cub.: Las claves para disfrutar la adolescencia de tus hijos.
A adolescencia que toca a cada nova xeración de pais parece ser a máis complicada e difícil de soportar. Con todo, trátase dunha etapa da vida que non ten por que ser dramática, a condición de que se teñan moi claras algunhas pautas. A autora explica, nun ton amable, realista e sen dramatismos, que podemos facer e que non como pais de adolescentes, en relación cos temas que máis preocupan: os estudos, as amizades, a sexualidade, internet etc.