Araguas, Vicente (1950- )

Voces Ceibes / Vicente Araguas. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1991. - 218 p. : il. ; 21 cm. - (Crónica (Edicións Xerais de Galicia) .

Voces Ceibes é, ante todo unha historia de amor. A un país, a unha lingua, á xente que tentaba derrubar, con cancións ou a croiazos, os muros que debuxaban a silueta dunha patria perseguida. Pero Voces Ceibes quere ser ademais, como o grupo de cantantes comprometidos que da nome ao libro, o testemuño crítico dun tempo no que non todo estaba tan claro. Aínda que o estivese. Porque as historias de amor levan tamén o seu pouso de veleno (iso que chamamos desamor), Vicente Araguas non ten complexos en mollar a súa pluma en tons nada suaves para poñer o dedo na chaga. Aínda que ao remate quede, entre améndoas acedas, un cheiriño a caraveis. Un fondo sonoro cheo de cancións e de cantantes que veñen sendo o retablo colorista dun tempo ruín, no que a existencia discorría en branco e negro.

1º-2º BAC Adultos/as

8475075851


Cancións galegas - --20º século.
Canciones gallegas - --20º siglo.

784.4.036(460.11)

Coa tecnoloxía Koha